viernes, 10 de mayo de 2024

Máscaras polo Día de Europa

 Con motivo do Día de Europa o pasado xoves, o alumnado de primaria creou estas máscaras coas combinación de cores e formas de varias bandeiras da EU.







miércoles, 8 de mayo de 2024

Quiz polo Día de Europa

 O alumnado de 3º ESO acudíu á biblioteca do centro para conmemorar o Día de Europa mediante unha actividade dixital e colaborativa. Divertíronse resolvendo un Quiz creado polaprofesora de inglés María José Gil con diversas preguntas para coñecer mellor a Unión Europea ao tempo que activaron as súa competencia plurilingüe.







Visitamos a Deputación de Ourense

 Achégase o Día de Europa e, como Escola Embaixadora e Mentora do Parlamento Europeo, participamos nun debate no Salón de Plenos da Deputación de Ourense coa súa vicepresidenta primeira, Marta Nóvoa, sobre o valor das vindeiras eleccións europeas.

Grazas por esta oportunidade!














miércoles, 27 de septiembre de 2023

Os beneficios do plurilingüismo

 Encántanos este vídeo do alumnado do 1º ciclo da ESO no que comparten os beneficios do plurilingüismo no Día Europeo das Linguas.

Grazas por compartir!

"Falsos amigos"

  O alumnado de 4º ESO-B conmemorou o Día Europeo das Linguas buscando, seleccionando e recompilando información sobre os "falsos amigos" que existen entre linguas oficiais europeas e o castelán e o galego. "Falsos amigos" son palabras ou expresións de dúas ou máis linguas cunha forma moi similar pero cun significado distinto. 






Achégate ao vestíbulo para consultar os falsos amigos atopados. Grazas, rapaces!