Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas. Mostrar todas las entradas

viernes, 29 de abril de 2022

Construíndo pontes co IESP de Camariñas

 Estamos felices de ter acollido está mañá ao alumnado e profesorado do IESP Pedra da Aguia de Camariñas para participar xuntos nun encontro pola diversidade de orixes e de culturas.





 En equipos mixtos levamos a cabo un interesante e inspirador debate sobre as políticas que se poden levar a cabo para favorecer a inclusión da diversidade e compartimos conclusións que trasladaremos ás institucións europeos. 









Tamén participaron en xogos interactivos que lles permitiron repasar de forma lúdica as funcións das institucións europeas e valorar o encontro de hoxe.










Grazas á comunidade educativa do IESP Pedra da Aguía polo voso cariño e bofacer; foi un pracer ter colaborado convosco. Grazas a Europedirect Coruña por esta oportunidade!!

viernes, 22 de abril de 2022

Construíndo Pontes entre Camariñas e Ourense

 Para celebrar o Mes Europeo da Diversidade, imos participar nunha xornada intercultural con alumnado e profesorado do IESP Pedra da Aguía de Camariñas, que terá lugar no noso centro o próximo venres, 29 de abril.


Os obxectivos da xornada son promover a inclusión e integración a través dunha xornada inmersiva de diálogo intercultural e sensibilizar aos mozos e mozas sobre a diversidade cultural e os riscos da discriminación. Ademais, busca contribuír á transferencia de boas prácticas na educación para crear espazos igualitarios e integradores dentro do sistema educativo.

Estamos desexando que chegue o 29!!

Para saber máis, visita o sitio web de Europe Direct Coruña.



martes, 10 de marzo de 2020

¡Nos visita Horacio Díez!

Ayer recibimos la visita de Horacio Díez, coordinador del programa Escuelas Embajadoras del Parlamento Europeo, que llevó a cabo un taller sobre la Unión Europea muy interesante y participativo. 





Para empezar, Horacio nos puso a prueba con un quiz sobre la Unión Europea  sus instituciones. La competición estuvo reñida, pero finalmente la ganadora fue Valentina Nessy.




Después de mucha emoción, descubrimos el Europass, el voluntariado en Europa, el Solidarity Corps y la importancia de las competencias. Como prueba final, trabajando en equipos y siguiendo las directrices de Horacio, escribimos un CV, que usamos para un divertido y muy instructivo role play. 








Muchas gracias Horacio, ¡lo hemos pasado genial y hemos aprendido un montón!



jueves, 9 de mayo de 2019

Encontro Interxeracional: Falamos da Escola

Foi un luxo recibir antonte os membros do Programa  "Falemos da Escola", unha iniciativa da Fundación ABANCA para promover o diálogo entre xeracións. Grazas por un intercambio moi enriquecedor sobre o pasado, o presente e o futuro da educación. Foi unha experiencia inesquecible para os nosos alumnos!