viernes, 29 de abril de 2022

Construíndo pontes co IESP de Camariñas

 Estamos felices de ter acollido está mañá ao alumnado e profesorado do IESP Pedra da Aguia de Camariñas para participar xuntos nun encontro pola diversidade de orixes e de culturas.





 En equipos mixtos levamos a cabo un interesante e inspirador debate sobre as políticas que se poden levar a cabo para favorecer a inclusión da diversidade e compartimos conclusións que trasladaremos ás institucións europeos. 









Tamén participaron en xogos interactivos que lles permitiron repasar de forma lúdica as funcións das institucións europeas e valorar o encontro de hoxe.










Grazas á comunidade educativa do IESP Pedra da Aguía polo voso cariño e bofacer; foi un pracer ter colaborado convosco. Grazas a Europedirect Coruña por esta oportunidade!!

viernes, 22 de abril de 2022

Construíndo Pontes entre Camariñas e Ourense

 Para celebrar o Mes Europeo da Diversidade, imos participar nunha xornada intercultural con alumnado e profesorado do IESP Pedra da Aguía de Camariñas, que terá lugar no noso centro o próximo venres, 29 de abril.


Os obxectivos da xornada son promover a inclusión e integración a través dunha xornada inmersiva de diálogo intercultural e sensibilizar aos mozos e mozas sobre a diversidade cultural e os riscos da discriminación. Ademais, busca contribuír á transferencia de boas prácticas na educación para crear espazos igualitarios e integradores dentro do sistema educativo.

Estamos desexando que chegue o 29!!

Para saber máis, visita o sitio web de Europe Direct Coruña.