Para celebrar o Mes Europeo da Diversidade, imos participar nunha xornada intercultural con alumnado e profesorado do IESP Pedra da Aguía de Camariñas, que terá lugar no noso centro o próximo venres, 29 de abril.
Os obxectivos da xornada son
promover a inclusión e integración a través dunha xornada inmersiva de diálogo
intercultural e sensibilizar aos mozos e mozas sobre a diversidade cultural e
os riscos da discriminación. Ademais, busca contribuír á transferencia de boas
prácticas na educación para crear espazos igualitarios e integradores dentro do
sistema educativo.
Estamos desexando que chegue o 29!!
Para saber máis, visita o sitio web de Europe Direct Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario